Premios extraordinarios de Formación Profesional Grao Superior en Galicia

28 Feb 2017

A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2015/16 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2015.

Poderanse conceder ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:
1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no curso 2015/16 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e telos rematados no ano 2016.
2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

A dotación para os premios será de 850 € por premio.

O prazo para optar aos premios estará aberto ata o 27 de marzo de 2017.
A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311B
Máis información no DOG do 28 de febreiro de 2017 e en http://www.edu.xunta.es/premiosfp