Obtención carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2017.

28 Feb 2017

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2017 nas seguintes especialidades:
Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais:
– Operador/ora industrial de caldeiras.
– Instalador/ora de gas, categoría A.
– Instalador/ora de gas, categoría B.
– Instalador/ora de gas, categoría C.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
CVE-DOG: r96v3u66-wx20-nnf9-pvk3-lt6pifdmmuj7
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10005
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
– Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes
fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante
inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, en atención ao período do ano en que se desenvolvan.
Requisitos das persoas aspirantes:
Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir
os seguintes requisitos:
a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o
día 2 ao día 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 3 ao día 14 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.
DOG, núm.41, do martes 28 de febreiro de 2017
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170228/AnuncioG0164-210217-0001_gl.pdf