Actividades de formación en lingua inglesa 2017

27 Feb 2017

A Consellería de Educación convcoca axudas para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2017.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2017.

Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/16.
c) Ter acadado no curso 2015/16 e na área ou materia de Lingua Inglesa, unha cualifi
­cación mínima de «Ben» no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de edu­cación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundariaobrigatoria e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es/ co procedemento ED504B
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de marzo de 2017.
Máis información no DOG do 27 de febreiro de 2017 en www.edu.xunta.es/axudasle