Becas Leonardo a Investigadores e Creadores culturais

23 Feb 2017

A Fundación BBVA convoca becas  Leonardo a Investigadores e creadores culturais.

Destinadas a apoiar o desenvolvemento de proxectos persoais de investigadores e creadores culturais en estadios intermedios da súa carreira, de entre 30 e 45 anos e cunha produción científica, tecnolóxica ou cultural altamente innovadora.

Concederanse polo menos 55 bolsas de ata 40.000 euros nas seguintes áreas:

Ciencias Básicas; Bioloxía e Ciencias do Medio Ambiente e da Terra; Biomedicina; Tecnoloxías da Información, outras Enxeñerías e Arquitectura;  Economía e Xestión de Empresas, Ciencias Xurídicas e Sociais; Humanidades; Artes Plásticas e Arte Dixital; Música e Ópera; e Creación Literaria e Teatro.

Prazo de presentación: do 1 de marzo ata o 27 de abril de 2017 ás 19:00, hora peninsular.

O formulario de solicitude estará dispoñible a partir da data de apertura da convocatoria.

Para calquera consulta pode dirixirse a: bolsas-leonardo@fbbva.es

http://www.fbbva.es/TLFU/dat/Bases_Becas_Leonardo_Fundacion_BBVA_2017.pdf