IV Concurso de Webseries Carballo Interplay 2017

23 Feb 2017

Convocatoria de presentación de webseries a competición da IV Edición do Festival de Contidos Dixitais CARBALLO INTERPLAY que terá lugar do 3 ao 6 de maio no Concello de Carballo.

Poderán inscribirse webseries ata o 31 de marzo de 2017.
A inscrición farase desde o web do festival www.carballointerplay.com cubrindo debidamente o formulario de inscrición en liña.
Poderán presentarse a concurso aquelas webseries producidas entre os anos 2015 e 2017 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición. Os episodios inscritos poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais.

Os premios outorgados serán os seguintes:
– Mellor webserie de imaxe real: 800 € e trofeo
– Mellor webserie de animación: 800 € e trofeo
– Mellor webserie internacional: 800 € e trofeo
– Mellor webserie de versión orixinal en galego: 800 € e trofeo
– Premio do público: 400 € e trofeo
– Premio AGAG ao mellor guión: trofeo
– Mellor actriz: trofeo
– Mellor actor: trofeo

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/23/2017_0000001339.pdf