Bolsas para deportistas da provincia da Coruña 2017

23 Feb 2017

A Deputación da Coruña convoca bolsas para deportistas da provincia para o ano 2017.
Establécense dous grupos segundo a idade dos aspirantes á bolsa:
Grupo A: 10-17 anos; nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2000 (incluído). Concederanse 15 bolsas de 3.000 € cada unha delas.
Grupo B: 18-23 anos; nacidos a partir do 1 de xaneiro de 1994 (incluído). Concederanse 15 bolsas de 3.000 € cada unha delas.

Requisitos:
1. Practicar un deporte que pertenza a un dos deportes olímpicos e disciplinas olímpicas, tanto de verán como de
inverno, incluídos no programa oficial dos Xogos Olímpicos do ano 2016.
2. Ter entre os dez e os vinte e tres anos cumpridos con data límite do 31 de decembro de 2017.
3. Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña.
4. Dispoñer de licenza deportiva vixente.
5. Acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL, na páxina web da Deputación da Coruña: https://www.dicoruna.es/subvencions/

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2017.
Máis información no BOP da Coruña do 23 de febreiro de 2017 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/bolsas