Premio a proxectos de webserie en galego

22 Feb 2017

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay que terá lugar do 3 ao 6 de maio de 2017 no Concello de Carballo convoca nesta IV edición o Premio ao proxecto de webserie en galego.

O premio ten unha dotación económica de 1.500 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo
menos, tres capítulos da webserie do proxecto premiado.

Poderán presentarse proxectos ata o 11 de abril de 2017.

Os/as solicitantes deberán enviar ao enderezo electrónico direccion@carballointerplay.com e indicando no asunto do correo “Proxecto de webserie en galego” a seguinte documentación nun arquivo en formato pdf.
-Historial profesional do/a solicitante ou produtora.
-Sinopse do proxecto (máximo 1 páxina).
-Memoria explicativa do proxecto (máximo 5 páxinas).
-Guión definitivo do primeiro capítulo.
-Calendario da produción.
-Currículo do equipo técnico e artístico.
-Plan de comunicación e presenza en RRSS.
-Ligazón a teaser visual da webserie.
-Calquera outra documentación que o/a solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/22/2017_0000001337.pdf