Subvencións a empresas para accións formativas

22 Feb 2017

A  Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada, dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, a través dos seguintes programas:
a) Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P). Ata o 31 de outubro de 2017
b) Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR349X). Ata o 15 de decembro de 2017

Entidades beneficiarias:
Empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que empreguen cincuenta ou máis persoas traballadoras en centros de traballo radicados en Galicia.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301P e TR349X

Máis información no DOG do 22 de febreiro de 2017 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/