III Concurso de fotografía Galicia, Auga e Literatura

22 Feb 2017

A Voz de Galicia e VIAQUA convocan o III concurso de fotografía Galicia, Auga e Literatura

Pretendese que os escolares dean a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso.

As fotografías deberán ser inéditas, en B/N ou en cor e non poderán ser manipuladas por programas de tratamento de imaxe nin ser seleccionadas ou premiadas en calquera outro certame ou concurso.
Os profesores deberán coordinar e revisar os traballos dos alumnos, ademais de orientalos na súa elaboración.
A imaxe irá acompañada dunha breve explicación do porqué do autor ou obra escollida. No documento, tamén se deberán indicar os datos do autor da fotografía (nome, apelidos, data de nacemento, centro escolar, email e teléfono) e o nome e apelidos do profesor responsable da supervisión do traballo

Ou xurado valorará a creatividade e a orixinalidade á hora de plasmar nunha fotografía a importancia do coidado do medio ambiente e a auga como recurso escaso; así como ou interese do traballo.

Modalidades:
Infantil: de 6 a 12 anos.
Xuvenil: de 13 a 16 anos.
Profesor

Premios para cada modalidade (infantil/xuvenil/profesor):
1.º premio: Cámara de fotos dixital
2.º premio: Lote de libros de literatura galega
Profesor: Estancia dunha noite para dúas persoas en Hotel OCA Balneario Augas Santas & Golf Resort en Pantón. Ourense, en habitación dobre, en réxime de aloxamento e almorzo. Inclúe acceso básico ao circuito termal.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 5 de maio do 2017.

Os traballos deberán ser remitidos á seguinte dirección:
III Concurso de Fotografía "Galicia, Auga e Literatura"
A Voz de Galicia. Departamento de Márketing
Polígono industrial de Sabón
Avenida da prensa 84-85.
15143 Arteixo
A Coruña

http://promociones.lavozdegalicia.es/concursofotografia/112016_bases.pdf