II Concurso musical infantil “Quero Cantar”

20 Feb 2017

A Deputación da Coruña convoca o II Concurso musical infantil “Quero Cantar”
 
Poderán participar todos os grupos musicais de ámbito galego que presenten e interpreten unha composición con letra e música orixinais e inéditas e que estean formados por rapaces e rapazas de acordo coas seguintes categorías
Categoría A. Infantil
Idade: ata 12 anos
Número máximo de compoñentes : 12
Categoría B. Xuvenil
Idade: de 13 a 16 anos
Número máximo de compoñentes: 12
Para a categoría A permítese que, incluídas no límite de 12 participantes, haxa ata dúas persoas que superen o límite de idade.
Para a categoría B tamén se permite ata dúas persoas exentas do límite de idade.  

Premios:
5 primeiros clasificados en cada categoría:
Gravación en estudio do canción e edición no CD denominado Quero Cantar 17, (un cd por categoría).
Premios da Gala final:
1º clasificado en cada categoría:
Gravación dun videoclip da canción gañadora
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.500 €.
2º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.000 €.
3º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 500 €.

O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 20 de xuño de 2017.
Máis información no BOP da Coruña do 20 de febreiro de 2017 e en www.querocantar.gal