Autoemprego para persoas galegas retornadas

20 Feb 2017

A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo.

Persoas beneficiarias:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Contía:
O importe da subvención concedida será o 80 % dos gastos subvencionables estimados no orzamento presentado, ata unha contía máxima de 4.000 euros, para o caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. Serán 6.000 euros, para o caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
Cando a persoa solicitante teña 39 anos ou menos, o importe da subvención resultante do parágrafo anterior, incrementarase en 1.000 euros e, en 1.000 euros máis no caso de ser muller.
O prazo para presentar asolicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2017 e poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento PR937A.

Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2017 e en http://emigracion.xunta.gal