Bolsas Iberoamérica Santander Investigación 2017-2018. 100 Bolsas

20 Feb 2017

ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE
Santander Universidades
DESTINATARIOS:
Persoal docente e investigador e alumnos de Doutoramento das universidades españolas participantes.
DATA LÍMITE :
Ata o 30 de xuño de 2017.

A finalidade das bolsas é promover a actualización do nivel de coñecementos dos participantes, a aprendizaxe de novas técnicas e métodos, o establecer ou consolidar vínculos académicos entre equipos de investigación e institucións iberoamericanas, e reunir información adicional e específica necesaria para os estudos ou investigacións que estean a realizar os destinatarios.
A bolsa terá unha duración de 2 meses para profesores e investigadores e 4 meses para alumnos de doutoramento e a dotación de 5.000 euros.

Inscricións a través da páxina web.
http://www.becas-santander.com