XIV Certame Literario de narrativa e poesía do Concello de Ames

20 Feb 2017

O Concello de Ames convoca a décimo cuarta edición do Certame Literario de narrativa e poesía.

Todas as persoas que desexen participar no certame poderán enviar os traballos ata o día 3 de abril de 2017 (incluído).

Haberá que remitir 4 exemplares do texto, en folios mecanografados por unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra 12 ao seguinte enderezo:
Concello de Ames (Servizo de Normalización Lingüística)
Avenida de Azcárraga número 5, Bertamiráns
15220 Ames. A Coruña.
A extensión mínima será de 2 páxinas en narrativa e de 20 versos en poesía, mentres que a máxima será de 6 páxinas en narrativa e de 50 versos en poesía. Ademais, cómpre lembrar que o tema é libre e que só se poderá presentar un traballo por persoa en cada unha das modalidades.
Os textos presentaranse baixo pseudónimo. Para garantir o anonimato, nos textos non poden aparecer datos persoais nin sinaturas. Nos catro exemplares do texto terán que figurar a modalidade (narrativa ou poesía), a categoría (1ª, 2ª ou 3ª) e o pseudónimo do autor ou autora.
Os datos persoais introduciranse nun sobre pechado.

Categorías:
1ª categoría: Os nenos e nenas que teñan ata 13 anos
2ª categoría: rapaces e rapazas de 14 a 17 anos
3ª categoría: persoas de 18 anos ou máis.

Premios:
1ª Categoría (ata os 13 anos): 1º premio: 150 €. 2º premio: 120 €. 3º premio: 90 €.
2ª Categoría (dos 14 aos 17 anos): 1º premio: 180 €. 2º premio: 150 €. 3º premio: 120 €.
3ª Categoría (18 anos ou máis): 1º premio: 260 €. 2º premio: 210 €. 3º premio: 180 €.

O Concello de Ames, en colaboración con Feiraco, empresa colaboradora do certame, publicará os traballos premiados nunha antoloxía creada para tal efecto.

Máis información no Servizo de Normalización lingüística (SNL) do Concello de Ames, teléfono 662 377 215 ou no correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal

http://www.concellodeames.gal/media/documentos/certame-literario-bases-inscricion.pdf