Bolsas en actividade comercial

17 Feb 2017

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca catro bolsas de formación para o ano 2017.
O programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.
Requisitos:
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2008 ou posterior.
Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 euros, a razón de 1.200 euros brutos por mes.
O prazo para presentar asolicitudes estará aberto ata o 17 de marzo de 2017 e poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento IN225A.

Máis información no DOG do 17 de febreiro de 2017 e en http://ceei.xunta.gal así como no teléfono 981 545 599