Xuíz/a de Paz de San Cibrao das Viñas

16 Feb 2017

O Concello de San Cibrao das Viñas fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz titular e substituto.
Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.
Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de marzo de 2017.
Máis información no BOP de Ourense do 16 de febreiro de 2017