Curso de Director/a de tempo libre en Pontevedra

15 Feb 2017

A Escola de Tempo Libre Barlovento organiza un curso de Director/a de tempo libre en Pontevedra
Lugar: Residencia de Estudantes Afundación. Av. de Vigo 21 Pontevedra
Datas: do 03 de marzo ó 09 de abril
Horario: venres de 16:00 a 21:00 horas e sábados e domingos de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas
Prezo: Desconto estudantes, desempregados e carné xove: 190 €. Prezo sen desconto 210 €. Inclúe pendrive de 8GB con toda a documentación do curso.
Requisitos: Ter o Título Oficial de Monitor/a de tempo libre e experiencia de traballo como Monitor/a
Máis información na Escola de Tempo Libre Barlovento: R/Profesor Filgueira Valverde 2 Baixo, Pontevedra. Teléfono 670 892 307. Correo: etlbarlovento@marexada.es.
Páxina web: www.marexada.es