XXI Certame Francisco Añón de Poesía

15 Feb 2017

O Concello de Outes convoca o XXI Certame Francisco Añón de Poesía.

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Lingua Galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.

Categoría A: nenos/as de 6 a 7 anos.
Premios:
1.º clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría B: nenos/as de 8 a 9 anos.
Premios:
1.º clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría C: nenos/as de 10 a 11 anos.
Premios:
1.º clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría D: rapaces e rapazas de 12 a 14 anos.
Premios:
1.º clasificado: vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría E: mozos e mozas de 15 a 17 anos.
Premios:
1.º clasificado: cheque por valor de 450 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría F: maiores de 18 anos.
Premios:
1.º clasificado: cheque por valor de 1200 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Para a categoría E, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos
Para a categoría F, as obras terán unha extensión mínima de 200 versos

Os traballos presentaranse en sobre pechado, orixinal e cinco copias, figurando no seu exterior a mención “XXI Certame Francisco Añón de Poesía”. No seu interior achegarase un sobre pequeno, tamén pechado, figurando no exterior o título da obra, a categoría na que participa e o lema ou pseudónimo do autor; e no interior os datos persoais (nome, idade, enderezo, teléfono de contacto, centro de estudos, titulo da obra e lema ou pseudónimo) e fotocopia do DNI ou CIF. Estes traballos recolleranse na Casa da Cultura, Avda. de San Campio, 1 - 15230 Outes (A Coruña). Tamén poden enviarse por correo ao devandito enderezo.

O prazo de presentación estará aberto ata o luns 3 de abril de 2017.
Máis información na OMIX de Outes, teléfono 981 842 406 e en http://outes.gal/gl/axenda-local/12-xxi-certame-de-poesia-francisco-anon