A secretaria xeral de Igualdade e a directora xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, presentaron en Betanzos o obradoiro sobre “Prevención e loita da violencia de xénero. Coñecer para actuar”

14 Feb 2017

A secretaría xeral de Igualdade e a directora xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, presentaron en Betanzos  o obradoiro sobre “Prevención e loita da violencia de xénero. Coñecer para actuar”

A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana Abella, e a  directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inauguraron hoxe en Betanzos un obradoiro sobre “Prevención e loita da violencia de xénero. Coñecer para actuar”,  dirixido a informadores/as e  técnicos/as de xuventude; e no cal participaron vinte persoas.
Este evento enmarcase nas actuacións conxuntas enfocadas aos técnicos de xuventude para a prevención e atención de situacións de violencia de xénero, acoso sexual e discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero.

Este curso formativo encadrase nun dos Sectores básicos da transversalidade, que recolle a Lei de Xuventude de Galicia: “Xuventude e igualdade” e pretende concienciar aos asistentes na importancia de trasladar esta temática a mocidade da súa área de influencia.

 O curso ten unha duración de 10 horas e realizanse de xeito intensivo en dúas sesións, hoxe e mañan,  co obxecto de favorecer o desprazamento dos técnicos de distintos lugares de Galicia.

Os obxectivos xerais son coñecer e entender a orixe da violencia de xénero e incorporar boas prácticas profesionais para a prevención, a detección e a información ante posibles casos de violencia de xénero.