Lingua de namorar 2017

14 Feb 2017

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.

Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.

Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1º Smartphone Wiko 5” Qcore 3, 16 GB
2º Cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM
3º Smartwatch Airis 1,54” Micro SIM, Micro SD

Categoría B (de 20 a 35 anos):
1º Cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi
2º Tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB
3º Smartwatch SPC 9616T

Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes estará aberto ata o domingo 5 de marzo.
Do 6 ao 10 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.

Xurado e resolución
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 22 de marzo nesta páxina web.


Bases

Envía túa mensaxe