A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, levou a cabo unha Xornada sobre as Políticas de Información Xuvenil da Xunta de Galicia.
O acto tivo lugar no Instituto de Secundaria de Baiona, o día 9 de febreiro, ao que asistiron 25 estudantes e profesores/as do Ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística, que puideron ter información actualizada sobre a Rede galega de información xuvenil e dos programas e recursos que ten a administración autonómica para a mocidade galega.
Este instituto conta con catro correspondentes xuvenís, que son ao mesmo tempo alumnos/as do mencionado ciclo formativo.