Curso de Primeiros Auxilios en Santiago

09 Feb 2017

Cruz Vermella en Santiago de Compostela Curso completo de Primeiros Auxilios no que se abordan todos os contidos sobre este tema, ademais das técnicas que poden aplicar os primeiros intervenientes nunha situación de emerxencia.

Obxectivos

Coñecer os fundamentos dos Primeiros Auxilios, e a terminoloxía básica de anatomía. Saber aplicar correctamente as técnicas de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP). Aplicar correctamente técnicas básicas para poder actuar ante situacións de urxencia: feridas, traumatismos, queimaduras e accidentes con máis dunha vítima. Saber mobilizar correctamente a unha persoa ferida.

Programa

Socorrismo: aspectos xerais. Autoprotección. Seguridade na intervención. Avaliación inicial. Soporte Vital Básico. Reanimación Cardio Pulmonar (RCP). Hemorraxias e Shock. Feridas e contusións. Queimaduras e alteracións da termorregulación. Traumatismos osteoarticulares. Traumatismo cranioencefálico, columna e politraumatizados. Outras situacións de urxencia. Urxencias maternoinfantiles e pediátricas. Mobilización e evacuación de feridos. Intervención en accidentes con múltiples vítimas. O Botiquín

Datas: do 25 de marzo ao 8 de abril de 2017
Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20
Prezo: 120 €

Máis información: Cruz Vermella Av. Lugo,42. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 586 969  

http://www.cruzvermella.org

www.facebook.com/Cruz.Vermella.Santiago  

www.twitter.com/cruzvermella