Probas para a o título de graduado en ESO para maiores de 18 anos

09 Feb 2017

A Consellería de Educación, convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro.

 

Requisitos:

Teren cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.

Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.

Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

 

Os prazos de matrícula serán:

Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos

 

Centros:

A Coruña: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.

Ferrol: Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

Santiago de Compostela:

Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.

Carballo: IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.

Lugo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

Ourense: Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

Pontevedra:

Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.

Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, 36001 Pontevedra.

Vigo:

Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88, 36208 Vigo.

Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.

O Porriño: IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.

Tui: IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.

Vilagarcía de Arousa: IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.

Ponteareas: IES Val do Tea, rúa Feliciano Barrera, 15, 36860 Ponteareas.

 

Realización das probas

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 2 de xuño e 7 de setembro para as respectivas convocatorias.  

 

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A

Máis información no DOG do 9 de febreiro de 2017 e en www.edu.xunta.es