Unha Viaxe polo Patrimonio da miña Comunidade

19 Xan 2017

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) organiza o concurso de vídeos "Unha Viaxe polo Patrimonio da miña Comunidade" dirixido a clases de 6º de primaria de calquera colexio do territorio español.

Para participar os colexios terán que presentar un vídeo no que mostren o Patrimonio Mundial e os albergues xuvenís da súa Comunidade. O vídeo terá unha duración máxima de 4 minutos, e non será necesario trasladarse ata o ben Patrimonio
Mundial. O formato é totalmente libre: Pode ser unha explicación, unha entrevista, un anuncio, unha representación teatral, un baile, unha canción, ou calquera outro formato que sirva para dar a coñecer o Patrimonio Mundial e os albergues da Comunidade.
Unha vez subido o vídeo a Youtube, enviar un email acontacto@reaj.comcoa ligazón do vídeo e o cuestionario de inscrición debidamente cumprimentado e asinado.

Prazo:ata o10 de marzo de 2017ás 15:30 horas. Para que o proxecto se considere presentado, o colexio terá que recibir unha confirmación de recepción por parte de REAJ.

Dous premios:
5.000 € para que o colexio gañador organice unha viaxe con aloxamento en albergues REAJ para que toda a clase visite un ben declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO.
Equipamento deportivo valorado en 1.000 € a sortear entre todos os colexios participantes

Obxectivos:
1. Formar aos alumnos de 6º de Primaria de colexios do territorio español na apreciación, conservación e goce dos lugares Patrimonio Mundial e do Patrimonio Inmaterial do país.
2. Fomentar entre os alumnos de 6º de Primaria o coñecemento da cultura alberguista a través dos albergues xuvenís de REAJ.
3. Fomentar a mobilidade xuvenil a través do turismo cultural en albergues REAJ.

Requisitos para participar:Poderá participar calquera colexio público, privado ou concertado de calquera lugar de España no que haxa polo menos unha clase de 6º de primaria. Cada colexio poderá participar presentando un proxecto por clase ou ben un proxecto no que participasen varias clases de 6º de primaria do centro.

http://reaj.com/wp-content/uploads/2016/11/Bases_completas_Viaje_por_el_Patrimonio_de_mi_Comunidad_2017.pdf