Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida

26 Xan 2017

A Consellería de Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2016-2017, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos dos solicitantes:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2016/17. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 30 de xuño de 2017.
c) Estar matriculado, no curso académico 2016/17, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2017.
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Prazos:
-Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación estará aberto ata o 27 de febreiro de 2017.
-Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2017.

Assolicitudespoden presentarse enhttps://sede.xunta.es/co procedementoED433A
Máis información no DOG do 26 de xaneiro de 2017 e enorientacion.sug@edu.xunta.es