Fomento da natalidade en Ourense

24 Xan 2017

A Deputación de Ourense convoca axudas para o fomento da natalidade da provincia de Ourense. Programa CHEGOU

Poderá serbeneficiario/adestas axudas:
1. O/a proxenitor/a ou adoptante dun neno ou nena menor dun ano, nacidos entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017 que se inscriba nalgún rexistro civil da provincia de Ourense, sempre que cumpra cos seguintes requisitos: figurar empadroado/a nalgún concello da provincia de Ourense á data da solicitude da axuda. Ter unha antigüidade no empadroamento
na provincia de Ourense, polo menos, de 1 ano ininterrompido e inmediatamente anterior ao 1 de xaneiro do ano 2017.
2. O/a proxenitor/a ou adoptante dun neno ou nena menor dun ano, nacido entre o 1 de outubro do ano 2016 e o 31 de decembro do 2016, que se inscriba nalgún rexistro civil da provincia de Ourense, sempre que cumpra cos seguintes requisitos:
figurar empadroado/a nalgún concello da provincia de Ourense á data da solicitude da axuda. Ter unha antigüidade no empadroamento
na provincia de Ourense, polo menos, de 2 anos inmediatamente anteriores á data do nacemento do menor que motiva a solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes:
Para nenos/as nados/as ou adoptados/as durante o ano 2017: ata o 31 de decembro de 2017.
Para nenos/as nados/as ou adoptados/as durante o último trimestre do 2016: ata o 24 de marzo de 2017.

Máis información na Deputación de Ourense: http://natalidade.depourense.es/index.php