Bolsa Benjamin Franklin en EEUU

23 Xan 2017

ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

A Embaixada dos Estados Unidos en España
DATA LÍMITE
A data de solicitude finaliza o 24 de febreiro de 2017, ás 18 h.
MÁIS INFORMACIÓN
A Embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un estudante español de entre 16 e 19 anos, para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin. Trátase dun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfrontan os mozos a ambos os dous lados do Atlántico. O Instituto terá lugar na Universidade de Wake Forest en Winston-Salem, Carolina do Norte, entre os meses de xuño e xullo de 2017. A dotación da bolsa inclúe todos os gastos: viaxe, aloxamento, manutención, seguro médico e de accidentes e visado.
Os requisitos para solicitar a bolsa son:
- Excelencia académica. Os candidatos deberán achegar un certificado do seu centro de ensino que reflicta unha nota media mínima de notable (7,5) no seu expediente académico dos últimos dous anos cursados.
- Excelente coñecemento do inglés, nota mínima de sobresaliente no seu certificado de estudos dos últimos dous anos cursados.
- Participación en actividades de voluntariado e/ou proxectos de servizo comunitario.
FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO
Embaixada dos Estados Unidos en España
Bases da convocatoria: