Bolsas da Axencia Turismo de Galicia

17 Xan 2017

A Axencia Turismo de Galicia convoca 9 bolsas de formación práctica:

8 bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma:
2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar)
1 bolsa na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino)
1 bolsa na oficina de turismo da Coruña
1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra
1 bolsa na oficina de turismo de Vigo
1 bolsa na oficina de turismo de Lugo
1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.

1 bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigaciónpara a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da Área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

Duración:
O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2017 e 2018 coa seguinte duración:
Bolsas de formación práctica especializada en oficinas de turismo: duración máxima 6 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.
Bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación: duración máxima de 12  meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

Dotación:
Oficina de Turismo da Coruña: 4.500 €
Oficina de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar): 4.500 €
Oficina de Turismo de Santiago (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino): 4.500 €
Oficina de Turismo de Lugo: 4.500 €
Oficina de Turismo de Ourense: 4.500 €
Oficina de Turismo de Pontevedra: 4.500 €
Oficina de Turismo de Vigo: 4.500 €
Área de Estudos e Investigación: 13.800 €

Titulación:
a) Bolsas de formación nas oficinas de información turística: Grao en turismo; Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; Técnico Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou titulación homologada equivalente.
b) Bolsa de formación na Área de Estudos e Investigación: estar en posesión dunha titulación superior (calquera).

Idiomas:
a) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
b) Inglés: no caso das bolsas de formación nas oficinas de información turística, certificado B1 ou superior do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Oprazode presentación de solicitudes estará aberto ata o17 de febreiro de 2017.
As solicitudes poden tramitarse enhttps://sede.xunta.es/co procedementoTU981A
Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2017 e enhttp://turismo.xunta.es/