Formación práctica en oficinas de turismo no estranxeiro

17 Xan 2017

A Axencia Turismo de Galicia convoca bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo enLondres, París, Berlín, Os Ánxeles e São Paulodurante os anos 2017 e 2018.

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2017 e 2018 cunha duración máxima de 10 meses

Requisitos:
Estar en posesión dun grao universitario ou titulación homologada equivalente (calquera). As titulacións deben estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.

Idiomas:
Os solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Dominio oral e escrito da lingua oficial do país de destino:
Acreditarase cun certificado B2 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas para os destinos de Londres, Berlín, Os Ánxeles e París.
Acreditarase cun certificado B1 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas para o destino de São Paulo

Dotación:
Londres: 28.726,20 €
París: 22.543,20 €
Berlín: 21.124,20 €
São Paulo: 28.726,20 €
Os Ánxeles: 24.034,30 €
Na dotación de cada unha das bolsas están incluídos os gastos de desprazamento (ata e desde o lugar de destino) e o seguro médico, de accidentes e de responsabilidade civil obrigatorio.

Oprazode presentación de solicitudes estará aberto ata o17 de febreiro de 2017.
As solicitudes poden tramitarse enhttps://sede.xunta.esco procedementoTU981B
Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2017 e enhttp://www.turismo.gal/canle-institucional

Teléfono: 981 547 406
enderezo electrónico:proxectos.turismo@xunta.gal