Bolsas Alícia de investigación culinaria

10 Xan 2017

A Fundación Alícia convoca anualmente un programa de bolsas para cursar prácticas curriculares na sede da Fundación.

O obxectivo destas bolsas é proporcionar coñecemento, rigor científico e método na investigación culinaria, axudar a que todo o mundo coma mellor, que os estudantes poidan aprender do que se axusta mellor ás súas capacidades e potencial e obteñan o máximo aproveitamento.

A convocatoria comprende as áreas de coñecemento asociadas á cociña e as disciplinas relacionadas, desde o punto de vista da ciencia, a tecnoloxía, a saúde, a produción de alimentos e o seu consumo. Diríxese a estudantes que estean matriculados en calquera universidade ou escola que poida formalizar un convenio de prácticas coa Fundación Alícia e se non son estudantes en activo hai outra opción a través da Fundación, mirar as clausulas nas bases no momento de aplicar.

As prácticas realízanse nas instalacións da Fundación, a tempo completo, de luns a venres de 9.00 a 17.00 h, durante 4 meses. Os períodos anuais de prácticas son:
xaneiro-marzo
abril-xullo
setembro-decembro

A bolsa ofrece:
Coñecemento e aprendizaxe de investigación aplicados aos produtos e procesos culinarios, e os hábitos alimentarios nun centro de referencia mundial; dirección e tutorización do proxecto de investigación por parte dos científicos, cociñeiros e expertos da Fundació Alícia.
Uso das instalacións e equipamentos da Fundación (segundo as condicións de Alícia) e a materia prima necesaria.
Gastos de manutención: aloxamento e dietas (xantar de luns a venres).
Non son remuneradas

Para máis información:becas@alicia.cat

http://www.alicia.cat/es/alicia/becarios