Curso de Lingua Inglesa "English for Travelling"

02 Feb 2017

O Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil convoca o curso de Lingua Inglesa: “English for Travelling”.

Obxectivo do curso:O obxectivo do curso é desenvolver a competencia comunicativa en relación ao uso da lingua inglesa en contextos de mobilidade. Trátase dun curso práctico orientado a mellorar a comprensión e expresión oral.

Destinatarios/as:mocidade entre 18 e 35 anos de idade, con coñecementos previos de inglés a nivel Bacharelato (nivel B1 das Escolas Oficiais de Idiomas)

Número de horas:  30

Número de prazas:  20

Contidos:           

  • Travel abroad.
  • Places to stay.
  • Moving around.
  • Outdoor activities.
  • Ecotourism.
  • What’s on?

Modalidade: Semipresencial.

  • 12 horas de clases presenciais divididas en 8 sesións de 90 minutos de duración.
  • 18 horas de clases a distancia.

Lugar de impartición:  Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil  en Santiago de Compostela.

Data prevista de realización: Do 23 de febrero ao 20 de abril de 2017.

Sesións presenciais:  Sesións presenciais os xoves de 17.00 a 18.30 horas, no Centro Coordinador de Información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19.

Prazo de inscrición do 3 ao 22 de febreiro de 2017.

A inscrición no curso realizarase cubrindo o seguinte formulario de solicitude e enviandoo a informacion.xuventude@xunta.gal:

 

FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

Máis información

Centro Coordinador de Información Xuvenil

Rúa Ramón Piñeiro 17-19 baixo, Santiago de Compostela

Tel.: 881 99 76 06 / 07

Correo:informacion.xuventude@xunta.es