Play-Doc 2017

14 Dec 2016

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais, é un festival independente cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso, e xerar espazos para o diálogo e o intercambio. Cada ano, Play-Doc ofrece unha coidada selección das últimas tendencias do cinema de non ficción a unha audiencia aberta, heteroxénea e numerosa.
A convocatoria para participar na 13ª edición de Play-Doc, que terá lugar en Tui do 22 ao 26 de marzo de 2017, permanecerá aberta ata o15 de xaneiro de 2017.

Todos os filmes inscritos a preselección non deberán ter sido estrenadas antes de xaneiro de 2016.
Todos os filmes inscritos a preselección serán considerados tanto para as categorías a competición como para as non competitivas. Será a dirección artística do festival a que realice a selección avaliando cada filme en base á súa calidade e creatividade.
As películas seleccionadas a competición optarán a un premio en metálico.

A inscrición deberá facerse online a través da páxina webwww.play-doc.com