Inconscientemente na sala Plataforma14 da Coruña

25 Nov 2016

A sala Plataforma14 da Coruña acolle a exposición artística"Inconscientemente"

Esta mostra está organizada pola asociación Sen Ánimo de Nome e forma parte do proxecto 1+1 Play Coruña, que ten como obxectivo visibilizar a obra de artistas emerxentes, e nela poderase coñecer a obra de 6 artistas:Julia Aguiar, Iria Prol, Cristina Chiarroni, Marita Carmona, Tommaso Freda e Carolina Russo.

A exposición poderase visitar ata ao5 de xaneiro do 2017 na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano da Coruña.

A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática do concello da Coruña e coordinada poloCentro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.

Toda a información sobre este espazo pode atoparse na webwww.coruna.es/cmix/plataforma14