PrimeFish: Promocionando o consumo de produtos do mar

22 Nov 2016

O Proxecto H2020PrimeFishlanzou un concurso de vídeo para promocionar o consumo de peixe e marisco e a súa importancia cultural, social e económica. Calquera persoa con máis de 18 anos pode participar con pezas dun minuto de duración. Os participantes competirán por un premio de 1.500 euros e a oportunidade de rodar un vídeo nunha reunión dun proxecto H2020.

Como participar
O concurso está aberto á participación de maneira individual ou en grupos de ata 3 persoas cunha obra de calquera xénero ou formato (animación, stop-motion, documental, ficción) que estea dispoñible na plataforma YouTube. Os participantes só teñen que enviar a ligazón ao vídeo acompetition@primefish.euxunto co nome, apelidos, dirección e detalles de contacto de todos os membros do equipo. A data límite é o5 de febreiro de 2017ás 08:59:59 CET.

Premio
Os creadores do mellor vídeo recibirán 1.500 euros e unha viaxe paga á Costa Dourada (Vilanova i a Geltrú, España) para gravar un segundo vídeo sobre o proxecto PrimeFish. Tratarase dunha experiencia de aprendizaxe e creación de redes de colaboración, xunto aos científicos involucrados nun proxecto innovador H2020.

Ten en conta
Todos os vídeos deben incluír a imaxe dispoñible na ligazónhttp://primefish.eu/sites/default/files/screenshot_primefish_0.jpg, que debe permanecer visible durante 2 segundos. Os vídeos que non estean rodados en inglés deberán incluír subtítulos nese idioma.

Criterios de concesión
O proxecto PrimeFish busca vídeos relevantes, atractivos e creativos. E o impacto que consiga nas redes sociais e a súa maneira de reflectir a igualdade de xénero tamén se terán en conta. Os participantes poden consultar as bases na seguinte ligazón:

Bases do concurso PrimeFish Promocionando o consumo de produtos do mar