Bolsas para a realización de estudos de Máster no estranxeiro

16 Dec 2016

A Fundación Barrié convoca 10 bolsas para a realización de estudos de Máster en centros académicos de todo o mundo, dirixidas a titulados universitarios vinculados a Galicia cunha excelente traxectoria académica, investigadora e/ou profesional.
Oprazode presentación de solicitudes estará aberto ata  o15 de febreiro de 2017.

Adotación económicada bolsa será dun máximo de 50.000 € anuais, que se aplicarán, por esta orde, aos seguintes conceptos:
Dotación inicial única de 2.600 € brutos para gastos de transporte, instalación, asistencia a seminarios, libros e outros.
Asignación mensual de 1.600 € brutos en concepto de aloxamento, manutención e gastos adicionais.
Gastos de inscrición e matrícula (tuition) no centro de destino

Os solicitantes da bolsa deberán ter unhavinculación con Galicia. Para ese efecto, considerarase que existe vinculación unicamente nos seguintes supostos:
Candidatos nados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Candidatos cun proxenitor nado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Candidatos empadroados en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.

Titulación.Os solicitantes da bolsa deberán estar en posesión dun título universitario de Grao, Licenciatura ou Máster expedido por unha institución de educación superior oficial española ou estranxeira.

Admisión.Os solicitantes da bolsa deberán iniciar o proceso de admisión no centro de destino no momento de presentar a solicitude.

Coñecemento de idiomas.Os solicitantes da bolsa deberán acreditar no momento de presentar a solicitude, o coñecemento do inglés e do idioma de traballo do centro de destino, cando devandito idioma non sexa o inglés.

Máis información enhttp://www.fundacionbarrie.org/becas-posgrado-extranjero