Programa de Bolsas iEduex USA 2017/2018. 50 bolsas

15 Dec 2016

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

iEduex
3.- DESTINATARIOS:
- Novos estudantes de educación secundaria con idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos e medio, a data 15 de agosto de 2017, antes do comezo do curso nos Estados Unidos.
- Ter unha nota media mínima de 6 no curso 2015/2016:
Bolsa Completa / Nota media superior a 8.
Bolsa Parcial / Nota media de 7 a 7,9.
Bolsa Parcial / Nota media de 6 a 6,9.
- Nota mínima de 6,5 na materia de inglés nas notas finais no curso 2015/2016.
- Non gozar anteriormente dun programa con visado de estudante J1 nos Estados Unidos.
4.- DATA LÍMITE :
Ata o 15 de febreiro de 2017.
5.- MÁIS INFORMACIÓN:
Os obxectivos do programa son mellorar as habilidades da lingua inglesa e a formación integral de estudantes e potenciar a capacidade de adaptación, aprendizaxe e madurez de estudantes. A dotación é de3.000 euros a bolsa Completa, 2.000 euros para a bolsa parcial e de 1.500 euros para a bolsa parcial.
Contido xeral do programa:
- Asesoramento | Sistema Educativo Americano.
- Matriculación | Nun High School Público ou Privado dos Estados Unidos.
- Material Escolar | Libros de texto obrigatorios.
- Aloxamento | Con pensión completa nunha familia americana.
- Transfers | Recollida no aeroporto á chegada e traslados á finalización do programa.
- Convalidación | Do curso escolar nos Estados Unidos.
- Traducións e Transcricións de documentos.
NON inclúe:
- Voos a Estados Unidos.
- Seguro médico e de Accidentes | Obrigatorio contratalo co patrocinador americano | 800 dólares americanos.
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO
Enviar o formulario de inscrición debidamente cumprimentado cun certificado das notas do curso 2015/2016 emitido polo centro escolar a través da páxina web (www.ieduex.com/es/programa-bolsas/) durante o período de inscrición da convocatoria.
International Education Exchange
Office: 0034 91 297 99 02
Mobile: 0034 697 182 800