PROXECTO PULSA

28 Nov 2016

Información

Es mozo menor de 30 anos?
Neste momento nin estudas nin traballas?
Tes pouca a ningunha experiencia laboral?
Interésache desenvolver as competencias profesionais que demanda o mercado?
Queres adquirir experiencia profesional?
Buscas desenvolverte profesionalmente no mercado laboral?
O proxecto 'Activación, Orientación e Acompañamento para mozos de garantía xuvenil de Cruz Vermella Española ofrece a posibilidade de activar e favorecer a participación na formación e no mercado de traballo de mozos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil.
Realízanse actividades de: motivación e activación personalizada para cada jóven, ofrécese orientación profesional, e un asesoramento e acompañamento na procura de emprego a través de alianzas estratéxicas con empresas.
Durante todo o ano realizaranse talleres transversais, visitas a empresas, actividades culturais e distintas accións grupales para coñecer e dotarnos das competencias que demanda o mercado.
Período de inscrición: do 01/01/2017 ao 31/12/2017
Requisitos
Mocidades menores de 30 anos que non estudan nin traballan, inscritos en Garantía Xuvenil
Máis información
Teléfono: 902 222 292
Pregunta na Oficina de Cruz Vermella máis próxima á túa localidade e pregunta polo proxecto PULSA.