Bolsas de excelencia musical para o curso 2016-2017

16 Nov 2016

O Consorcio para a Promoción da Música convoca bolsas destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos musicais fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso 2016-2017 en centros educativos de excelencia musical, escolas de alto rendemento, escolas superiores ou universidades.

Requisitos:
Persoas empadroadas no Concello da Coruña durante algún período dentro dos últimos cinco anos, previos a aprobación
desta convocatoria.
Tamén poderán acceder a presente convocatoria aquelas persoas residentes noutros concellos da Comunidade
Autónoma de Galicia que acrediten ter formado parte da “Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia (OJSG)” en calidade de
Alumno Activo da mesma.
Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1981 (incluído este).

Oprazopara presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de decembro de 2016
Máis información no BOP da Coruña do 16 de novembro de 2016

becas@sinfonicadegalicia.com
http://www.sinfonicadegalicia.com/