Bolsas para cursos intensivos de alemán en Alemaña DAAD 2017

22 Nov 2016

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Deutscher Akademischer Austauschdienst (DAAD
3.- DESTINATARIOS:
- Poden solicitar as bolsas estudantes de grao, máster e doutoramento de todas as facultades (con excepción de Filoloxía Alemá, Alemán como lingua estranxeira,
Tradución e Interpretación con alemán e Linguas Modernas e as súas Literaturas con alemán), que ao comezo da bolsa cursasen polo menos dous anos de estudos superiores. Tamén poden presentarse persoas tituladas que estean a traballar na universidade e cursando o doutoramento, sempre que non transcorresen máis de seis anos desde
a obtención da súa última titulación universitaria no momento de solicitar a bolsa.
- Estudantes que estean a cursar o último ano da súa carreira unicamente poden solicitar estas bolsas se demostran que continuarán os seus estudos universitarios no curso seguinte cun máster ou doutoramento, presentando o xustificante correspondente da universidade.
- Estudantes que desexen solicitar esta bolsa desde España han de estar matriculados/as nun centro de ensino superior de España (país de residencia permanente) no momento de pedir a bolsa e no momento de iniciar a estancia en Alemaña.
- Candidatos/as que obtiveron unha bolsa do DAAD para asistir ou a un curso intensivo de lingua alemá ou a un curso de verán non poden volver solicitar ningunha destas bolsas por un período mínimo de tres anos.
- A idade mínima ao comezo da bolsa é de 18 anos.
- OLLO: Non se aceptarán solicitudes dobres para as bolsas de idioma. É dicir, pódese solicitar unicamente una das dúas bolsas (para cursos intensivos de alemán ou para un curso de verán en universidades alemás).
- Os coñecementos de alemán deberán corresponder como mínimo ao nivel A1 aprobado e como máximo ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).
- O certificado de alemán ten que ser expedido nos últimos 6 meses.
- Acéptanse os seguintes certificados de idiomas: onDaF, TestDaF, os certificados dos Goethe-Institute, das EE.OO.II., DSD, DSH, telc Deutsch, ÖSD.
4.- DATA LÍMITE :
Ata o 1 de decembro de 2016
5.- MÁIS INFORMACIÓN:
Estas bolsas teñen como obxectivo promover a asistencia a cursos de idioma, cultura e civilización e de linguaxe especializada ofrecidos por institucións de educación superior públicas ou oficialmente recoñecidas pola República Federal de Alemaña, así como por institutos de lingua asociados.
O DAAD concede unha bolsa de 850 euros. Por regra xeral, o aloxamento pódese contratar a través do organizador do curso. Servizos que conciernen ao seguro médico, ao seguro de accidentes e ao seguro privado de responsabilidade civil. O provedor do curso deducirá, por regra xeral, as taxas do curso e do aloxamento directamente do importe total da bolsa. Por tanto, o/a estudante recibirá a diferenza entre o importe da bolsa e ditas taxas ou, no seu caso, deberá abonar os custos adicionais ao provedor do curso.
O curso terá unha duración de 3-4 semanas (duración mínima de 18 días de curso; cun máximo de 5 días por semana e sen incluír día de chegada e día de saída; e cun mínimo de 25 horas lectivas por semana; os cursos impártense en lingua alemá. As bolsas non son prorrogables) e realizarase entre os meses de xuño e decembro de 2017.
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO
Para presentar a solicitude é necesario acceder á base de datos de bolsas do DAAD dispoñible (www.funding-guide.de<http://www.funding-guide.de/>).
Máis información en:
DAAD ? Centro de Información Madrid
C/Zurbarán 21 (Goethe Institut)
28010 Madrid
Teléfono: 91 702 49 20
www.daad.de/miniwebs/icmadrid/es/16329/index.html<http://www.daad.de/miniwebs/icmadrid/es/16329/index.html>