Robótica educativa aberta. Escornabots

30 Nov 2016

Este obradoiro tenta achegar ás posibilidades educativas do uso de robots programables así como ao coñecemento da propia ferramenta a través da súa montaxe.
Formularanse propostas de xogo, inicialmente pensadas para crianzas, e pautas para o deseño de actividades.
Os robots cos que se traballará nesta xornada son osEscornabot, un dispositivo xurdido dun proxecto maker galego, creado con tecnoloxías abertas que convida a partipar.

XORNADA 1
Coñecer o proxecto Escornabot: Comunidades Open Source.
Filosofía do proxecto.
Canles de información e recursos.
Reflexionar sobre que habilidades de pensamento podemos traballar coa planificación de propostas con esta ferramenta.
Valorar posibilidades metodolóxicas.
Iniciarse no emprego destes robots como recurso educativo .
Achegarse ó deseño de actividades e retos.
Xogar.
XORNADA 2
Creación de Escornabots
Tomar contacto cos compoñentes electrónicos e circuitos dos robots.
Soldar.
Ensamblar pezas impresas en 3D.

Destinatarios/as:Docentes e calquera persoa interesada no funcionamento dos Escornabots.
Duración:7 horas
Datas:10 de decembro(10: 30 a 13:30h e de 16 a 20h)
Lugar:Sede de NEG (R/das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro)
Prezo:125€ (110€ socios/as), inclúe todo o material necesario para a construción dos robots durante o curso
Imparte:Noa Caamaño e Xoán Sampaíño
 
Máis información:
Nova Escola Galega
Rúa das Hedras nº 4, 2º 0
15895 Milladoiro (Ames)
Teléfono: 981 562 577
http://www.nova-escola-galega.org/
http://www.neg.gal/