Voluntariado cultural en Galicia

25 Feb 2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas, teñen en marcha esta iniciativa co obxectivo de responder a unha demanda social e incorporar voluntarios/as á rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Este programa pretende que as bibliotecas poidan prestar con máis eficacia a súa función de formar, informar e de acceso a cultura e o lecer dos cidadáns en igualdade de oportunidades por medio de procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades dos usuarios e da comunidade á que serven.

Os voluntarios realizarán fundamentalmente as seguintes tarefas:
- Apoio á difusión e promoción das bibliotecas públicas
- Apoio na formación en competencias informacionais
- Apoio na posta en práctica de proxectos e animación lectora e sociocultural
- Apoio na realización de actividades culturais ou artísticas
- Apoio ao aprendizaxe doutras linguas

Perfil da persoa voluntaria:
- Persoas con ideas de animación sociocultural e de promoción da lectura, preferiblemente con experiencia no trato con adultos e/ou con nenos e nenas.

- Persoas con coñecementos de informática que saiban transmitilos a adultos para contribuír a salvar a fenda dixital dos sectores da poboación menos favorecidos.
- Persoas que teñan algún dominio dun arte, dun oficio, dunha profesión, dunha experiencia vital interesante ou dunha afección que queiran compartila e transmitila.

As persoas que queiran prestar accións de voluntariado con este colectivo poderán colaborar nas seguintes Bibliotecas:

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
 R/Miguel González Garcés nº1
 15008 A Coruña
 Tlf:981 170 218.

Biblioteca Pública de Lugo
 Avda. Ramón Ferreiro, s/n
 27002 Lugo
 Tlf:982 228 525.

Biblioteca Pública de Ourense
 Rúa da Canle, 6
 32004 Ourense
 Tlf:988 210 700

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
 Alfonso XIII, 3
 36002 Pontevedra
 Tlf: 986 850 838

Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal
 Avda. de Xoán XXIII s/n
 15704 Santiago de Compostela
 Tlf: 881 999 401

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
 Joaquín Yáñez, 6
 36202 Vigo
 Tlf: 986 229 074

Máis información e inscricións:http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=96