| Como constituir a túa asociación |
|
|
1. A ConstituciónPara a constitución dunha asociación é preciso un mínimo de tres persoas: o presidente, o secretario e o tesoureiro. Pode haber máis cargos, como vocais, vicepresidentes, vicesecretarios. Estes deben reunirse e perfilar como queren que sexa a asociación, cal vai ser o seu eido de actuación e cal o seu público obxectivo. Dependendo destes factores a entidade tomará unha forma ou outra. Os documentos básicos para comezar a funcionar son, por tanto: a acta constitucional e os estatutos. 1.1-Acta Constitucional (anexo 1)Rexistra o lugar, a data e os presentes que se reúnen para fundar a asociación, con todos os seus datos persoais. Nesta acta deben constar os cargos elixidos para o goberno da asociación, que serán os abaixo asinantes. 1.2-Estatutos (anexo 2)Os estatutos son as normas básicas que van regular o funcionamento da asociación. Quen pode pertencer, como se asociar, quen pode dirixila, como debe ser elixido, cales son os obxectivos, cal o tipo de actividade que se pretende promover... Tamén recolle o sistema de financiamento, o patrimonio inicial e o modo de modificación dos estatutos e disolución. Compre lembrar unha cousa: as asociacións xuvenís están formadas por membros de entre 14 e 30 anos. Se un dos membros da directiva superase esa idade os estatutos serán impugnados e a asociación no poderá ser inscrita. 1.3-Inscripción no rexistro xeral. TaxasCoa asociación constituída o seguinte paso é darse de alta no Rexistro Central de Asociacións, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A documentación presentada xunto coa solicitude (anexo 3) debe ser a orixinal xunto cunha copia. Ámbolos dous exemplaren deben levar as sinaturas nas marxes de todos aqueles membros que participaran na fundación da asociación para que sexan válidos. Tamén deberán estar pagadas as taxas de inscrición (anexo 4). O prazo de resolución é de tres meses. 1.4- Rexistro na Facenda e Consecución do CIFUnha vez redactados os estatutos e asinada a acta de constitución o seguinte é obter o número do CIF dando de alta á asociación en Hacienda. Unha vez rexistrada na Axencia Tributaria o seguinte paso é abrir unha conta bancaria. De preferencia en caixas por non pedir xuros. Documentación para obter o CIF: -A copia dos Estatutos e a copia da Acta Fundacional que nos devolveu o Rexistro de Asociacións (debidamente selados). -Levar o modelo 036 debidamente cuberto e asinado (anexo 5). (Opcional: Pedir a EXENCIÓN DO IVE. Esto non é obrigatorio. A exención do pago do IVE pídese en base á Lei 37/1992 de 28 de decembro do IVA (artigo 2º).) Con esto xa temos un CIF e a Asociación xa pode comezar a súa actividade. 1.5-Documentos internos: Actas, Modificacións, Contas...Unha vez constituída e rexistrada a asociación, das sucesivas asembleas poden xurdir modificacións estatutarias (anexo 6). Igualmente para o normal funcionamento da asociación será preciso levar ao día as resolucións das asembleas, as actas (anexo 7) así como a contabilidade. 2-Alén do Rexistro XeralAlén do Rexistro Central existen toda unha serie de rexistros e institucións nas que pódenos interesar estar inscritos. 2.1- Declaración de utilidade públicaServe para disfrutar de exencións e beneficios fiscais, empregar a mención “declarada de utilidade pública” e da dereito de asistencia xurídica gratuíta. Débese presentar: solicitude de declaración de utilidade pública (na que debe constar: datos de identificación da entidade, CIF, natureza xurídica, número de inscrición no Rexistro, razóns da petición), memoria dos dous últimos anos e rendición de contas dos dous anos anteriores, asinada por todos os membros da directiva, certificado da Axencia Tributaria conforme se atopa ao corrente, certificación da Consellería de Facenda conforme a asociación está ao día, certificación do INSS conforme está ao día, copia consultada do alta no IAE e certificación do acordo do órgano da asociación polo que se solicita a declaración de utilidade pública (anexo 8). 2.2- Rexistros Autonómicos:A súa función é rexistrar ás organizacións que poden e ten dereito a recibir as subvencións pertinentes aos seus propios programas de axuda, así cómo controlar as entidades prestadoras de determinados tipo de servizo (como as escolas de tempo libre). 2.2.1- Consellería de Traballo e Benestar:2.2.1.1- Inclusión no censo de Entidades Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (anexo 9)2.2.1.2- Rexistro de Escolas de Tempo Libre (anexo 10)2.2.1.3- Rexistro de Entidades prestadoras de Servizos Sociais2.2.2- Consellería de Cultura e Turismo:2.2.2.1- Rexistro de Entidades Deportivas2.3- Inclusión no Rexistro NacionalO Rexistro de Asociacións de Ámbito Nacional segue o mesmo procedemento que o Rexistro Central galego. Nome, estatutos e acta fundacional poden estar en galego. A solicitude débese presentar en castelán (anexo 11). 2.4- Programas Europeos:2.4.1- Servizo de Voluntariado EuropeoNo marco do programa A Xuventude en Acción da Comisión Europea, O SVE (ou EVS en inglés) é unha experiencia de educación non formal para voluntarios. O seu obxectivo e promover o voluntariado internacional, especialmente para reforzar a cohesión da UE. O SVE implica a dúas organizacións sen ánimo de lucro que envían e reciben voluntarios. Constitúe unha actividade non remunerada e a tempo completo durante un período de tempo en beneficio da comunidade. Calquera organización que desexe enviar ou recibir voluntarios europeos debe remitir á Axencia Nacional (INJUVE), a través da Dirección Xeral de Xuventude unha “manifestación de interese” (anexo 12). Unha vez acreditada pola Axencia Nacional é incluída na base de datos da Comisión Europea, con acceso libre a través de Internet. Despois presentarase na Axencia Nacional o formulario de Acción 2.1 (anexo 13) en convocatorias fixas: 1 febreiro, 1 maio, 1 de setembro e 1 de novembro. Estes proxectos serán supervisados pola DXXV. 2.4.2- Certificados de YouthpassYOUTHPASS é o resultado dunha iniciativa europea para o recoñecemento da educación non formal. Trátase dun certificado expedido ao finalizar cada proxecto do programa a Xuventude en Acción a cada un dos participantes. Pode elaboralos un mesmo so introducindo os datos do proxecto na páxina.
3.Federación e ConsellosAs federacións establécense como medio de defensa e promoción de asociacións dunha mesma área xeográfica ou sector de traballo. É unha alianza en defensa duns obxectivos comúns. A asociación de varias federacións constitúe unha confederación. Os consellos, por súa vez, son foros de debate e discusión onde se congregan as asociacións. Normalmente están vencellados a algún un organismo público e dotados de orzamento propio, cos seus propios programas. O Consello máis importante de Galicia é o Consello da Xuventude de Galicia. 3.1- Como e para qué federarsePara federarse só se debe seguir o mesmo procedemento que ó rexistrar a asociación. Só que en vez de ser tres persoas as que se reúnen para crear unha asociación, son tres asociacións, como mínimo, as que se reúnen para crear unha federación. A información dos federados fica recollida na acta de constitución, así como a nova directiva “federal”: un presidente, un secretario e un tesoureiro. Os estatutos, como nas asociacións, son a norma que regula o funcionamento e os obxectivos da federación. Deben inscribirse no Rexistro Xeral, podendo tamén incluírse no Rexistro Nacional. 3.1.1- Acta de Constitución (anexo 14)3.1.2- Estatutos (anexo 15)3.2 O Consello da Xuventude de GaliciaQue é: O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) é unha entidade institucional creada co obxectivo de artellar unha política global para a mocidade. Composta por 22 asociacións xuvenís, o CXG é unha entidade de Dereito Público e con personalidade xurídica propia. Quen pode participar: “Poden formar parte do CXG as asociacións xuvenís, organizacións estudiantís, políticas e sindicais que abrangan o territorio galego, así como os consellos locais e comarcais galegos. Os colectivos sen personalidade xurídica tamén poden ser membros do CXG, pero a súa admisión é condicional a que adquiran dita personalidade xurídica no prazo de seis meses dende a toma de posesión dos seus conselleiros na Asemblea Xeral” (anexo 16). O máis importante para entrar no CONXUGA é ter un aval de cinco membros xa dentro, o que é bastante difícil. Ou ben entrar como federación. De aí a importancia de manter contactos con organizacións das vosas localidades ou coas que compartir proxectos. Ligazóns de intereseGALICIA: Documentación asociacións en galego (Secretaría xeral) ESPAÑA: Inscripción Registro Nacional de Asociaciones Axencia Tributaria, modelo36 UE: Formularios e guías Xuventude en Acción: DIARIOS OFICIAIS: REXISTROS Rexistro voluntariado
|

















