Comisión Interdepartamental de Xuventude PDF Imprimir
A Comisión Interdepartamental de Xuventude  é un órgano adscrito á Consellería de Traballo e Benestar, que actúa como coordinador dos Departamentos da Administración autonómica galega nas súas actuacións en materia de xuventude.  

As funcións da Comisión son:
  • Analizar os problemas da xuventude galega e propoñer medidas concretas dende a Xunta de Galicia.
  • Coordinar as actuacións dos distintos departamentos da Xunta relacionadas coa mocidade
  • Fomentar e cooperar en diversas accións para a mocidade, prestar servizos aos mozos e mozas galegos e mellorar a súa calidade de vida.

Así mesmo, a Comisión poderá desempeñar calquera outra función que lle encomende a Xunta de Galicia. Está regulado polo Decreto 50/2000.

Este órgano está presidido polo máximo representante da Xunta de Galicia, o presidente, e composto por representantes de cada unha das diversas consellerías e secretarías xerais, así como representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias e o Consello da Xuventude de Galicia.


Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013


A Xunta de Galicia publicou o texto do Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013, onde se recollen as principais actuacións que, en materia de xuventude, porán en marcha todos os departamentos da administración autonómica. Neste documento recóllense os retos e obxectivos tendo en conta as necesidades reais dos mozos e mozas galegos.

Consulta aquí o Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013

Evolución do Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013


Continuando co seu labor de órgano coordinador dos departamentos da Administración autonómica galega nas súas actuacións en materia de xuventude, a Comisión Interdepartamental de Xuventude reuníuse por terceira vez nesta lexislatura o pasado 20 de xullo. Entre outros temas, na sesión do Pleno presentouse o informe de seguimento e avaliación das accións e medidas incluídas no Plan “Xuventude 2013: Unha estratexia para a mocidade galega ”, relativo ao ano 2010, deliberando sobre o seu contido e outorgándolle a conformidade a totalidade dos seus membros. Este informe que pretende coñecer os efectos producidos coa posta en marcha das diferentes medidas contempladas no Plan, podédelo consultar premendo aquí

Abracaxove


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, pon á disposición da mocidade galega os cadernos informativos Abracaxove. Neles recóllense, dunha maneira sinxela e condensada, as moitas medidas que a Xunta de Galicia e outras administracións e entidades galegas están a executar a prol da mocidade. Trátase de informarvos sobre unha serie de accións e recursos en distintos ámbitos, como a educación, o emprego, a vivenda, a creatividade, o lecer, a mobilidade..., de xeito que saibades os medios que existen, quen os xestiona e onde vos podedes dirixir en cada momento.

01_non_enredesEn Non te enredes atoparedes os principais servizos e actuacións encamiñadas a achegar a información á xente moza.

02_educaxoveEn Educaxove atoparedes información sobre aquelas axudas e bolsas encamiñadas a facilitar a formación, así como aqueles recursos existentes no ensino que permiten unha educación de calidade.

03_empregateEn Emprégate atoparedes información sobre liñas de axuda e recursos para mellorar a empregabilidade da mocidade e para fomentar o seu espírito emprendendor.

04_mocidade_creativaEn Mocidade Creativa poderás atopar información sobre aquelas actividades que fomentan e facilitan o teu espírito creativo e emprendedor.

05_vivendaEn Vivenda Xove poderás atopar os recursos ao teu alcance para facilitar o acceso a unha vivenda.

06_ti_escollesTi escolles proporciónache información sobre distintas alternativas de ocio de calidade, moitas cun claro compoñente de educación non formal.

07_XUVENTUDESAUDEEn Xuventudésaúde atoparás as campañas e actividades que se poñen en marcha para fomentar unha boa saúde, a través da práctica do deporte e a prevención de malos hábitos.

08_o_teu_tempo_o_noso_tempoO teu tempo, o noso tempo, infórmate sobre distintas actuacións relacionadas co voluntariado como a formación, o voluntariado europeo, plans de dinamización e actuación... que che facilitan e permiten canalizar o teu labor voluntario.

09_Xuventude_en_movementoEn Xuventude en movemento atoparedes información sobre programas destinados á mocidade que promocionan e apoian a mobilidade xuvenil a través de diversos tipos de axudas, bolsas, encontros, participación en proxectos europeos e diversos tipos de carnés que facilitan os teus desprazamentos.

10_en_clave_deEn clave de... ofréceche información sobre actuacións transversais e de diversa tipoloxía que te acompañan no día a día, como son o fomento da igualdade de xénero, a promoción do uso da lingua galega, o fomento do consumo responsable ou a sustentabilidade.

 

 

Ir atrás    Ir arriba