Coa finalidade de incrementar os beneficios de que poderán gozar os titulares do carné xove, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca as entidades especializadas en actividades de ocio e tempo libre, interesadas en ofrecer as súas propostas de actividades a través do programa para sumarse a estas promocións do carné xove.
Para participar na convocatoria, as entidades interesadas teñen que enviar a súa proposta ou programa de actividades mediante un correo electrónico.
Se non son establecemento adherido, teñen tamén que asinar o compromiso de adhesión ao programa do carné xove.
Sumarse a esta convocatoria compromete a entidade interesada a aplicar un desconto para os titulares do carné xove no custo da actividade ou programa.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comprométese a difundir as actividades ou programas entre a mocidade galega a través da súa páxina www.xuventude.net.
As propostas deberanse enviar o seguinte correo electrónico: carne.xove@xunta.es