Carné Xove

O carné xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. Con este documento, as persoas usuarias poden acceder a unha chea de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card).
Dende o 2021, o carné xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non é preciso renovalo.

Neste sentido, no 2021 a Xunta de Galicia enviou o carné xove ao domicilio de todas as persoas potencialmente usuarias, máis de 400.000 mozos e mozas. Polo tanto, xa non é necesario nin solicitalo nin pagalo para telo.

-No caso das persoas que xa tiñan o carné (coa imaxe antiga) ou que lles caducou hai pouco, recíbeno no seu domicilio con todos os datos cubertos e xa plenamente operativo.

-No caso das persoas que nunca tiveron o carné ou que o teñen caducado dende hai tempo, reciben no seu domicilio o carné cos tres primeiros campos cubertos (nome e apelidos, data de nacemento e data de caducidade). Para que o carné estea operativo, é necesario que o activen.

 

Como se activa o carné xove?

 

A activación pódese facer de forma presencial ou electrónica:

-Presencial: acudindo a un dos puntos de activación. A activación consiste en insertar na tarxeta o número de carné (número Eyca). Neste proceso é preciso acreditarse co DNI. O horario dos locais de activación reforzouse para poder cubrir mellor a demanda que esperta este procedemento, polo que se recomenda consultar dito documento, actualizado con respecto ao que se enviou aos domicilios dos rapaces e rapazas.

-Electrónica: os rapaces e rapazas que opten por esta vía deben cubrir este formulario. Uns días despois, recibirán no seu correo electrónico o seu número de carné, que deberán escribir manualmente na tarxeta para tela activada.

 

Importante! Prazo de activación para os novos carnés: na información que os rapaces e rapazas reciben co carné indícase que dispoñen dun mes para activalo desde a recepción do envío. Porén, este límite de tempo é flexible, podendo o usuario/a facer a activación (tanto presencial como electrónica) máis alá dun mes.

 

Puntos de activación do novo carné xove 

Enlace ao formulario para a activación electrónica

 

Aínda non che chegou o carné xove á casa? Nese caso, podes acudir ao punto de activación máis próximo ao teu domicilio ou solicítalo a través da sede electrónica

 

IMAXE FRONTAL CON FONDOIMAXE ATRAS CON FONDO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descontos


O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.

Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos finaceiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.

Establecementos adheridos

Como identificar os establecementos adheridos?

Queres ser un establecemento adherido? Coñeces algún establecemento que queira participar?

 

Descontos noutras CC.AA:

 

Sorteos:  utilizas o CarnéXove?

   

Seguro de viaxe:  O teu Carné xove inclúe un seguro de viaxe

 

Carné financeiro

carné xove financeiro pódese facer nas oficinas de Abanca. Neste caso, a persoa solicitante debe achegar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para ser incluído na base datos do programa do Carné xove, una copia do formulario de solicitude tramitado na entidade bancaria.

O carné xove clásico que o mozo/a reciba no seu domicilio non lle resta validez ao carné xove financeiro, podendo seguir usando este último sen problema.

 

 

PREGUNTAS FRECUENTES

 

Non me chegou o carné. Que teño que facer?

Se non che chegou, acude ao punto de activación máis próximo ao teu domicilio ou solicítao a través da sede electrónica

Cambiei de domicilio hai pouco. Chegarame igualmente?
No caso de que a mudanza fose posterior a novembro do 2020, deberás acudir a un dos centros que figuran como puntos de activación e solicitar a expedición dun carné novo argumentando a non recepción por cambio domiciliario ou solicitalo a través da sede electrónica

Como sei se o teño que activar?
Só cómpre activalo se o apartado do número de carné que recibes está baleiro.

Como fago para activalo?
Podes activalo presencialmente nun dos puntos de activación ou, se tes dificultades para te desprazar, vía electrónica a través deste formulario. Na activación presencial debes acudir co teu DNI. No caso de que teñas menos de 14 anos ou non poidas vir ti presencialmente, pode facelo no teu nome a túa nai/pai/titor legal, acompañada do teu DNI.

Teño que pedir cita previa?
Non é necesario en todos os puntos de activación, pero lembra que para algún si é preciso. No caso das Xefaturas Territoriais da Coruña, Ourense, Lugo e Vigo e na Oficina da Consellería de Política Social en Pontevedra podes facelo no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa-consellerias  . No caso do resto de puntos de activación que atenden baixo cita previa, deberás concertala chamando por teléfono, como é o caso dos Espazos Xoves de Viveiro, Chantada, Tui, Vilagarcía, Betanzos, Carballo, Pontedeume e Noia e de moitas OMIX.

Que pasa se perdo ou me rouban o meu carné xove?
Poderás acudir a un dos puntos de activación para que che fagamos un novo ou solicitalo a través da sede electrónica

Que fago se paguei o carné xove porque non sabía que agora é gratuíto?
Podes solicitar a través do Rexistro a devolución da taxa usando este documento: Impreso de devolución da taxa do carné xove