Carné internacional para non estudantes (IYTC)

carne_iytc

Xa non eres estudante?

Calquera persoa maior de 12 anos e menor de 30 anos pode conseguir un carné xove internacional para non estudantes (International Youth Traveller Card) que aporta descontos á mocidade dende billetes de avión ata entradas de cine.

 

Que consigo co carné IYTC?

Co carné IYTC formarás parte dunha comunidade global de máis de 4.5 millóns de usuarios. Poderás beneficiarte de miles de beneficios: servizos, descontos e ofertas, no teu país e fóra del. Se viaxas polo mundo adiante, non esquezas levar o teu carné contigo!

 

Onde pode consigo o carné IYTC?

Podes solicitar un carné IYTC nos puntos emisores de carnés

 

Que necesitas para conseguir un carné IYTC?

O IYTC é para persoas maiores de 12 anos e menores de 30 que non sexan estudantes. Para conseguilo, necesitas presentar algún dos seguintes documentos para certificar a túa idade:
•Pasaporte
•DNI

...e unha foto de carné. Tan sinxelo coma isto.