Carné de profesor internacional (ITIC)

carne_itic

Xa non eres estudante?

Se neste intres estás traballando como profesor (sen limitación de idade e independentemente do tipo de centro onde desenvolvas a túa labor docente, sexa un centro oficial ou non), podes desfrutar dos descontos co Carné Internacional de Profesor (International Teacher Identity Card).

www.isic.es

Que consigo co carné ITIC?

Co carné ITIC formarás parte dunha comunidade global de máis de 4.5 millóns de usuarios. Poderás beneficiarte de miles de beneficios: servizos, descontos e ofertas, no teu país e fóra del. Se viaxas polo mundo adiante, non esquezas levar o teu carné contigo!

 

 

Onde consigo o carné ITIC?

Podes solicitar un carné ITIC nos puntos emisores de carnés

 

Que necesitas para conseguir un carné ITIC (carné internacional de profesor)?

O carné de profesor internacional é para todas aquelas persoas que acrediten que son profesores/as tanto en educación formal ou non
formal, oficial ou non oficial.
Será preciso acreditalo mediante un documento legal no que figure que a persoa solicitante está a traballar cun contrato de profesor/a.. Para conseguilo, necesitas presentar:

- Un documento oficial (por exemplo contrato de traballo) que acredite que a persoa está traballando como profesor/a nalgún centro de estudos, oficial ou non.
- Unha foto recente tamaño pasaporte
- O DNI ou pasaporte para verificar a identidade

Canto costa obter un carné ITIC?

Podes acceder a esta ligazón, encher online o modelo A1 de autoliquidación de taxas e despois imprimilo.

itic pago

Máis información en www.isic.es