Carné de estudante internacional (ISIC)

 

carne_isicO Carné de Estudante Internacional (ISIC) é o pasaporte perfecto para obter servizos e descontos en todo o mundo.
O ISIC é o único carné de estudante recoñecido internacionalmente e os seus posuidores son membros dun clube global. Cada ano máis de 4.5 millóns de estudantes de 120 países utilizan o seu carné de estudante para aproveitar ofertas de viaxes, compras e museos arredor de todo o mundo.

 

Que me ofrece o carné ISIC?

Podes utilizar o teu carné ISIC para aforrar cartos cando viaxes ao redor de todo o mundo e segue a ser útil cando regreses á casa. Hai miles de ofertas e descontos para estudantes, así que comproba en qué que restaurantes, cines, tendas e locais da túa cidade están dispoñibles.

Quen pode conseguir un carné ISIC?

Calquera estudante maior de 12 anos, de instituto ou Universidade pode ter un carné de estudante internacional. Namentres sexas estudante, non importa que teñas 12 ou 112 anos.

Non son un estudante , hai algun carné para min?

Calquera persoa menor de 26 anos pode conseguir un Carné xoven internacional de viaxes (IYTC), o cal permite acceder a ofertas similares do ISIC.
Se xa non eres estudante e agora traballas a tempo completo como profesor, o Carné internacional de profesor (ITIC) tamén ofrece grandes servizos e descontos.
O IYTIC e o ITIC pódense conseguir nos mesmos sitios emisores do carné ISIC.

Onde pode consigo o meu carné ISIC?

Hai oficinas arredor de todo o mundo que emiten estes carnés internacionais. Só tes que probar que eres estudante e presentar unha foto carné.

 

Conseguir un carné ISIC


Onde pode consigo un carné ISIC?

Podes conseguir o carné ISIC, o IYTC e o ITIC nos puntos expenderores de carnés.

 

Quen pode solicitar o carné ISIC?

Se es un estudante a tempo completo maior de 12 anos podes solicitar un carné de estudante internacional. É un proceso sin complicacións e en cuestión de nada poderás desfrutar de miles de descontos e beneficios en casa e fóra do teu país.

 

Que documentos necesito para conseguir un carné ISIC?

O carné internacional de estudante está dirixido só a estudantes, así que precisas presentar na oficina emisora do carné:

- Un documento que acredite que a persoa está matriculada nalgún centro de estudos, oficial ou non: tarxeta de estudante o calquera outro documento emitido polo organismo ou centro
- Unha foto recente tamaño pasaporte
- O DNI ou pasaporte para verificar a identidade

... E terás o teu carné ISIC en nada.

 

Por canto tempo é válido o carné ISIC?

O carné ISIC estándar é válido ata 14 meses, dende o día que o fagas.

 

Canto costa obter un carné ISIC?

Podes acceder a esta ligazón, encher online o modelo A1 de autoliquidación de taxas e despois imprimilo.

isicpago

Puntos emisores do carné ISIC

Máis información en www.isic.es