Carné de Alberguista

 

carne virtual 1

 

O Carné de Alberguista é o instrumento de filiación á Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ). Ten validez internacional, de modo que poderás usalo en todo o mundo. Con el terás acceso a:

 

  • Máis de 4.000 albergues en máis de 90 países de todo o mundo
  • Millares de descontos nacionais e internacionais (transporte, lecer, restaurantes, museos…)

 

O Carné de Alberguista é un requisito imprescindible para acceder a calquera albergue REAJ.

O Carné de Alberguista preséntase en dous formatos:

 

  • Carné Dixital: Esquece o plástico! Levao sempre contigo no móbil ou imprímeo se o preferires. Nesta ligazón poderás adquirilo de forma sinxela.

 

  • Carné Físico: Consiste nun cartón que se puede obter nos puntos de expedición do carné. Neste documento podes consultar os puntos emisores do carné de alberguista físico en Galicia.  

 

Ambos formatos teñen validez internacional e son distribuídos en todas as modalidades (xove, adulto, familiar e grupo). Non hai diferenza de prezo entre o físico e o dixital. O período de validez é de un ano.

 

Tipo de Carné

Para

  Tes que presentar 

  Prezo

Xove

Persoas mozas de 14 a 29 anos (ambos inclusive)

DNI ou Pasaporte

5 €

Adulto

Maiores de 30 años

DNI ou Pasaporte

10 €

Grupo

Grupos, Organizacións, Asociacións...

Número mínimo 10 personas

NIF da entidade ou DNI da persoa responsable

 

16 €

Familiar

Familias de unha ou duas persoas adultas con fillos/as menores de 14 anos

DNI das persoas adultas

18 €