Promocións do Carné Xove
Convocatoria para sumarse ao programa Carné Xove
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, promove o Programa Carné Xove entre os mozos/as de 12 a 30 anos, conforme ás estipulacións do “Protocolo de Lisboa” do 1 de xuño de 1987 e as súas posteriores modificacións, e de acordo coas directrices da EYCA.
O Carné Xove é unha tarxeta persoal e intransferible a disposición da mocidade galega, que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
O obxectivo do Carné é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 años o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.
Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que estean adheridos a este programa, polo que poden utilizalo en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS ao programa Carné Xove, son aquelas entidades que colaboran co programa Carné Xove ofrecendo aos seus titulares vantaxes ou beneficios.
Existen diferentes tipos de descontos.
- Xerais ou nacionais. Operativos en todo o territorio nacional.
- Noutras comunidades autónomas. Cada comunidade ofrece descontos nos establecementos do seu ámbito xeográfico.
- En Galicia. Descontos nos establecementos do territorio galego.
- Temporais.Os usuarios do carné xove gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe de desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se levan a cabo.
- Europeos. Inclúense aquí os descontos que ofrecen os países integrantes da Eyca (organización internacional que regula o Carné Xove).
Coa finalidade de incrementar os beneficios de que poderán gozar os titulares do carné xove, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abre unha convocatoria para que todas aquelas entidades interesadas en sumarse ao programa Carné Xove, presenten as súas propostas de programas ou actividades. Sumarse a esta convocatoria compromete á entidade interesada a aplicar descontos aos titulares do carné. O desconto mínimo será dun 10% do custo da actividade ou programa.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado comprométese á difusión das actividades ou programas entre a mocidade galega, a través da súa páxina web xuventude.net, e mediante a edición de folletos promocionais informativos dos distintos descontos ou vantaxes que serán aplicables aos mozos e mozas.
As entidades asinarán un compromiso de adhesión ao programa Carné Xove onde se especificarán as obrigas para as partes.
As propostas deberán presentarse en formato electrónico cumprimentando o seguinte formulario
Participa nos sorteos do carné xove!!!
Sendo titular do carné xove, podes participar nos sorteos semanais que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Consulta na sección de novas e actividades para saber qué se sortea esta semana.
Para participar tes que cubrir este formulario.
Aqui podes consultar as bases do sorteo.
Que é o carné xove?
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Quen pode facelo? Que vixencia ten?
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)
Como facelo?
Cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas
Onde facelo?
O carné xove pódese facer en:
- Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
- Departamento Territorial de A Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado.Centro Comercial Elviña. Avda. Salvador de Madariaga, s/n. 15008 A Coruña
- Departamento Territorial de Lugo. Servizo de Xuventude e Voluntariado.Rolda da Muralla, 70. 27001 Lugo
- Departamento Territorial de Ourense. Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense. Avda. da Habana, 81 baixo. 32004 OURENSE
- Departamento Territorial de Vigo. Servizo de Xuventude e Voluntariado.Rúa Concepción Arenal, 8-1º andar. 36201 Vigo
- Oficinas Locais de Pontevedra e Ferrol
- Oficina Local de Pontevedra.Rúa Fernández Ladedra, 43-4º andar. 36003 Pontevedra
- Oficina Local de Ferrol. Edif. Administrativo.Praza Camilo José Cela, s/n, 1º. 15403 Ferrol
- Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela. Praza do Matadoiro, s/n. 15781 Santiago de Compostela
- Oficinas municipais de información xuvenil integradas na rede galega de información e documentación xuvenil
- OMIX na Coruña: A Baña, A Coruña, A Pobra, Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Cariño, Carnota, Carral, Cerceda, Cesuras, Coirós, Corcubión, Culleredo, Dumbría, Fene , Ferrol, Frades, Irixoa, Laracha, Laxe, Lousame, Malpica, Mañón, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Mugardos, Muros, Narón, Neda, Negreira, Noia, O Pino, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza dos Ríos, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Riveira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago, Sobrado dos Monxes, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar e Vimianzo. Tamén nas Casas de Xuventude de Betanzos, Carballo, Curtis, Noia e Pontedeume. Nas OSIX da Coruña e Ferrol. E no Consello da Xuventude de Santiago, na Asociación Néboa-Neda e na OFAP de Ferrol.
- OMIX en Lugo: Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Bóveda, Burela, Carballedo, Cervo, O Corgo, Cospeito, Chantada, Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, A Pastoriza, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas do Sil, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Xove. Tamén nas Casas da Xuventude de Chantada, Vilalba e Viveiro.
- OMIX en Ourense: A Bola, A Gudiña, A Merca, A Mezquita, A Peroxa, A Veiga, Allariz, Amoeiro, Arnoia, Avión, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Entrimo, Esgos, Leiro, Maceda, Manzaneda, Montederramo, Monterrei, Muiños, Nogueira de Ramuín, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Oimbra, Ourense, Pereiro de Aguiar, Piñor, Pobra de Trives, Porqueira, Rairiz de Veiga, Ribadavia, Riós, Rubiá, San Cristovo de Cea, San Xóan de Río, Sandiás, Sarreaus, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadañedo. Tamén na Asociación Española contra o Cancro, na Asociación Xuvenil Don Bosco-"Amencer" e no CIMO de Ourense; no C.D. Rural O Viso de Xinzo de Limia.
- OMIX en Pontevedra: Agolada, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cercedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía, Vilanova. Tamén nas Casas de Xuventude de Lalín e Vilagarcía, e na OFAP162 Escuela Naval Militar de Marín.
- Nalgunhas oficinas de Caixa Galicia.
Que modelos de carné xove existen?
O carné xove pódese expedir como modelo clásico ou como modelo combinado xunto coa tarxeta bancaria
modelo clásico:
|
modelo combinado
|
|

|

|
Onde utilizalo? Finalidade e vantaxes
O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos finaceiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.
Seguro
Os posuidores do carné xove tedes un seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.
As características principais das garantías de asistencia son as seguintes:
- Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.
• Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos. • Transporte dos acompañantes. • Inmobilizacións nun hotel. • Repatriación ou transporte do asegurado falecido. • Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro. • Regreso anticipado por falecemento ou hospitalización dun familiar en España do asegurado incluíndo a transmisión de mensaxes urxentes. • Servizos de información para viaxes ao estranxeiro. • Anticipo de gastos de hospitalización no estranxeiro. • Localización de intérprete en caso de accidente ou enfermidade no estranxeiro. • Servizo de información sobre asistencia médica. • Servizo de trámites administrativos para hospitalización. • Billete de ida e volta para un familiar. • Gastos de aloxamento para un familiar.
- Asistencia por danos á equipaxe.
• Envío e/o reenvío de obxectos esquecidos e/o roubados no transcurso da viaxe. • Roubos e danos á equipaxe. • Retraso na entrega de equipaxe. • Gastos de reposición da documentación de viaxe. • Roubo na caixa forte do hotel. • Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.
- Asistencia por retraso dos medios de transporte.
• Retraso na saída da viaxe. • Cancelación da viaxe por folga. • Perda da conexión por retrasos. • Perda do medio de transporte por accidente "in itinere". • Retraso por "over booking".
- Asistencia por responsabilidade civil
• Responsabilidade civil no estranxeiro. • Anticipo de gastos de defensa legal no estranxeiro. • Anticipo de fianza xudicial no estranxeiro. • Servizo de información legal. • Procura de representante legal no estranxeiro. • Obtención de salvocondutos.
Para consultar polo miúdo as coberturas e exclusións do seguro descarga o pdf adxunto.
Todas estás prestacións serán efectuadas baixo petición expresa do asegurado a:
CASER, S.A. Av. de Burgos, 109 28050 Madrid
Teléfonos: En España: 902 100 728 No estranxeiro: +34 91 594 96 74
CASER, S.A. garante as prestacións dos servizos coa maior dilixencia e durante as 24 horas do día.
O número de póliza do seguro é: 19.227.336
Establecementos adheridos
Son aquelas entidades que colaboran co programa Carné Xove ofrecendo aos seus titulares vantaxes ou beneficios.Tipos de descontos:
- Xerais ou nacionais
- Noutras comunidades autónomas
- En Galicia (A CORUÑA, LUGO, OURENSE, PONTEVEDRA)(Estes listados encóntranse en proceso de actualización)
- Temporais. Os usuarios do carné xove gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe do desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se levan a cabo.
- Europeos
Non debedes esquecer que todos os descontos que figuran, non serán de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta.
As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de quen presenta o carné xove, poden solicitar, a efectos de comprobación, a presentación do DNI.
Carné xove non pode responder dos descontos non efectuados e das posibles variacións sobre a porcentaxe de estes no estranxeiro. Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).
A aplicación dos descontos nos servizos e/ou artigos realizarase na dirección dos colaboradores que se indica para cada paso. Se houbera calquer outro sitio ou procedemento (venta anticipada) será preciso informarse en cada caso.
Como identificar os establecementos adheridos?
A través dun adhesivo, que recolle unha reprodución do logo identificarás os lugares onde vos farán algún tipo de desconto ou vantaxe.
Se algún establecemento non realizara o desconto, deberedes poñelo en coñecemento da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado mediante a folla de reclamación.
Iso si, debedes ter en conta que estes establecementos poden darse de baixa ou modificar os seus datos notificándoo á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con 2 meses de antelación, polo que esta información aparecerá actualizada nesta páxina web.
Queres ser un establecemento adherido? Coñeces algún establecemento que queira participar?
Este formulario é para aquelas entidades que queiran colaborar co programa ofrecendo vantaxes ou beneficios especiais aos posuidores do carné. Só tes que enviar este formulario por duplicado asinado e selado ao seguinte enderezo:
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 3º andar 15781 Santiago de Compostela
Información en galego
Información en castellano
|