| Carné de Alberguista |
|
|
|
RegulamentoOs Albergues Xuvenís están abertos a todos os que posúan un cartón ou carné de membro, emitido por calquera Asociación de Albergues integrada en IYHF. Xeralmente non hai límite de idade, aínda que se establece total prioridade para os mozos de menos de 26 anos. As familias e os grupos deben ser titulares dun carné especial de membro establecido para eles. O carné de membro debe ser presentada no momento da inscrición. En xeral os albergues pechan cara ás 23,00h. e é necesario respectar o descanso nocturno até as 7,00h. Espérase dos alberguistas que respecten as normas dos albergues e colaboren no mantemento dunha convivencia agradable nos mesmos. Unha axuda espontánea e unha actitude de respecto mutuo, son ideas básicas a ter en conta polos alberguistas. As orientacións e consellos dos Directores de Albergues deben ser respectados e aceptar a colaboración con eles. No regulamento de cada Albergue establécense pautas máis concretas sobre o seu funcionamento.
|

















O carné de alberguista está recoñecido internacionalmente e é válido para utilizar en todos os albergues nacionais e estranxeiros. Calquera persoa pode optar a facerse un: os menores de 30 dentro da categoría xove, e os maiores na categoría de adulto. Para a expedición destes carnés só é necesario a presentación do DNI ou pasaporte e o abono do seu importe. Os carnés expéndense en Puntos de Información Xuvenil e en albergues.